A Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña esta formada por 18 centros repartidos ao longo do territorio Catalán.
A maioría destes centros superan as dúas décadas de traballo continuado, demostrando que non só os emigrantes galegos, senón tamén os seus fillos, manteñen o interese e a preocupación pola conservación dunha cultura e folclore milenarios.
Para iso, os centros promoven e realizan actividades que ademais de fomentar a relación entre socios e alumnos, permiten transferir e aumentar os coñecementos en canto a lingua, música, historia e gastronomía de Galicia.
É habitual que cada centro celebre a súa propia festa galega, onde, ademais de mostrarse o traballo realizado polos grupos de baile e gaita das asociacións, pódese disfrutar dunha boa ración de polbo, ou bailar ao son das mellores orquestras galegas.
O labor dos centros e asociacións culturais de Cataluña foi recoñecida continuamente por distintos organismos oficiais como a Xunta e Deputacións de Galicia, Generalitat de Cataluña.. os cales outorgáronlles premios e galardóns en numerosas ocasións.
Se queres coñecer con máis detalles a historia e actividades dos centros, pulsa sobre o nome:
|