Durante o século pasado produciuse en España unha emigración importante dende as contornas rurais cara ás grandes cidades, onde o comercio e a industrialización prometían tempos de benestar e fortuna.
Este foi o caso de multitude de emigrantes Galegos, que procedentes dos lugares máis remotos de Galicia, viaxaron cara a terras Catalás en busca de traballo e calidade de vida.
Non tardaron en aparecer lugares de reunión onde os emigrantes galegos, combaterían a morriña xerada polos centos de quilómetros que lles separaban de familiares e amigos.
Ao pouco tempo, estes centros de reunión fóronse convertendo en asociacións e entidades, onde, ademais de permitir a relación entre paisanos, levábanse a cabo actividades socioculturais.
A comunidade Galega en Cataluña queda representada hoxe en día por estas asociacións e entidades culturais, que á súa vez, son representadas ante os organismos oficiais a través da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya (FEGALCAT).
FEGALCAT é un organismo independente, cuxo órgano de goberno e xunta directiva, esta formada polos presidentes das asociacións e centros culturais que existen ao longo da xeografía catalá. A súa función principal é defender os dereitos e intereses das asociacións que a compoñen, ademais de organizar eventos e actividades que permitan mostrar aos cidadáns cataláns, a cultura e folclore Galego.
O portal web da Fegalcat, pretende converterse no principal medio de información para a sociedade galega de Cataluña, informando a socios e alumnos dos centros galegos, e ao público en xeral, dos actos e noticias máis destacadas do folclore e a cultura galega.
Para poder acceder á totalidade de seccións do portal, así como recibir boletíns ou colaborar co envío de noticias, actos, eventos, enlaces.... é necesario estar rexistrado como usuario.
Pode rexistrarse agora pinchando aquí.
Dende a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya dámosvos a benvida ao noso sitio web.